Hoxe entran en vigor unha serie de medidas para frenar os contaxios frente ó coronavirus que a continuación enumeramos.
Medidas de prevención fronte ó coronavirus en Galicia (Agosto 2020)
Recoméndase á cidadanía restrinxir os encontros sociais fora do grupo de convivencia estable e limitar os encontros sociais a un máximo de 10 persoas.
Medidas que entran en vigor dende as 00:00 Horas do luns día 17 de Agosto:
- Os locais de discotecas e demáis establecementos de lecer nocturno permanecerán pechados. Discotecas, pubs, cafés – espectáculo, salas de festas e as salas de concertos.
- A medida será de aplicación tanto respecto do interior dos locais como das terrazas destes establecementos.
- A ocupación máxima, nos locais que podan permanecer abertos, será de 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas, sempre cumprindo as medidas de seguridade.
- O consumo dentro do local poderá realizarse en barra ou sentado en mesa, ou agrupación de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade entre clientes.
- Os establecementos de hostalaría e restauración deberán pechar non máis tarde da unha da madrugada sen que poida permitirse o acceso de ningún cliente dende as 00:00 horas.
Prohibición de fumar en vía pública e terrazas
Traducindo, salvo que haxa unha distancia superior a dous metros con outras persoas non se pode consumir tabaco ou cigarros electrónicos en vía pública ou espazos ao aire libre incluidas as terrazas.
Según a Orde do 12 de Agosto, de consumo de tabaco ou cigarros electrónicos, no caso particular de consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos na vía pública ou en espazos ao aire libre, incluídas as terrazas, só se poderá exceptuar a obriga de uso de máscara, e exclusivamente durante o indicado consumo, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensión do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de dous metros con outras persoas.