Prórroga ERTE según RD11/2021
- ERTE POR FORZA MAIOR
EXPEDENTES POR FORZA MAIOR VIXENTES A DATA 28 DE MAIO. Todos os ERTE vixentes a data 29 de maio que sexan por forza maior (pérdida de actividade como consecuencia da COVID-19 por medidas decretadas pola autoridade sanitaria, debidamente acreditados) prorrogaranse automáticamente ata o 30 de setembro do 2021. No hai exoneración de cuota á Seguridade Social.
- ERTE POR IMPEDIMENTO
ERTES POR IMPEDIMENTO OU LIMITACIÓN DA ACTIVIDADE son aqueles que se producen cando a empresa teña impedida a realización da sua actividade pola adopción de novas restriccións e medidas de contención sanitaria. Proróganse ata o 30 de setembro.
Se as empresas ven impedida a actividade durante os próximos 4 meses debido a restriccións administrativas pola pandemia poderán acollerse a unha exoneración nas cotizacións á seguridade social durante o periodo de cerre do 100% en empresas de menos de 50 traballadores de do 90% en empresas de 50 ou mais traballadores. - ERTE POR LIMITACIÓN DA ACTIVIDADE
Os ERTE por limitación do desenrolo normalizado da actividade como cosecuencia de decisións ou medidas adoptadas polas autoriadades españolas tamén se prorrogan ata o 30 de setembro. s exoneracións en cuota da empresa á seguridade social para este tipo de ERTE a partir do 1 de xuño sera dun 85% nos meses de xuño e xullo e dun 75% os meses de agosto e setembro para as empresas de menos de 50 traballadores. En empresas de 50 ou máis traballadores a exoneración será dun 75% meses de xuño e xullo e dun 65% meses de agosto e setembro.
- Aclaracións erte impedimento e ERTE por limitación
Aquelas empresas que estén afectadas polas restriccións que as autoridades sanitarias pertinentes decidan poderán pasar dunha situación de ERTE por impedimento a un ERTE de limitación e viceversa. A diferencia entre un e outro é que estas restriccións lles permitan abrir ou non o seu negocio, ou exercer ou non a sua actividade económica.
- ERTE POR CAUSAS ETOP
ERTES BASEADOS EN CAUSAS ECONÓMICAS , ORGANIZATIVAS OU DE PRODUCIÓN VINCULADAS AO COVID19. Só se poden solicitar cumprindo uns requisitos esixentes, e previo acordo con sindicatos. Non teñen exoneración da Seguridade Social.
- COMPROMISOS QUE SE ADQUIREN AO SOLICITAR UN ERTE
SALVAGARDA DO EMPREGO: as empresas compromentense a manter o emprego dos traballadores en ERTE durante un periodo de 6 meses a contar dende a incorporación do traballador do ERTE. Os periodos de compromiso son acumulativos, e decir se me acollin a un ERTE anterior e me acollo a un novo ERTE o periodo de compromiso é de 6 +6 meses en total 12 meses. Non se pode contratar a novos traballadores mentres non se incorporen aos que estén en ERTE, e tampouco se poden facer horas extraordinarias naquelas empresas que teñan traballadores en ERTE. As causas do ERTE no poden ser motivo nin xustificación para extinción de contrato nin despido.
- Incentivos para empresas inscritas en cnaes de sectores ultraprotexidos
Neste RD 11/2021 mantense a protección de determinadas empresas adscritas a certos códigos CNAE, considerados como sectores ultraprotexidos.
Todos os CNAE afectados están publicados cmo Anexo CNAE-09 na orde, destacar que se inclue nesta orde aos CNAE 1419 Confección de outras prendas de vestir e accesorios; 4637 Comercio ao por maior de café , té ,cacao e especias; 7420 Actividades de fotografía.
Os incentivos para as empresas que teñen actividades incluidas no listaxe de CNAE son os seguintes:
- Bonificación da seguridade social dos traballadores reincorporados do ERTE do 95% nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro en empresas de menos de 50 traballadores.
- Bonificación da seguridade social dos traballadores reincorporados do ERTE do 85% nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro en empresas de 50 ou mais traballadores.
Máis información na nosa oficina en Poio.