En España o Rexistro da Xornada laboral é obrigatorio para todas as empresas, dende a publicación do Real Decreto-Lei 8/2019, do 8 de marzo, de medidas urxentes de protección social e loita contra a precariedade laboral na xornada de traballo. Este Real Decreto modifica o artigo 34 do Estatuto dos Traballadores.
Con este Real Decreto o Estado busca varias cousas:
- Que se leve un control efectivo do horario de entrada e saida dos traballadores , co fin de garantir o cumplimento dos límites da xornada laboral, así como un mellor control por parte da Inspección de Traballo e Seguridade Social.
- Evitar que se excedan a xornada máxima de traballo, xa que esto afecta a calidade da vida persoal do traballador, así como ao salario e tamén as cotizacións á Seguridade Social.
- Ter unha ferramenta que permita e facilite ao traballador a proba da realización de horas extraordinarias.
¿É obrigatorio facelo usando aplicacións informáticas?
Moitos de vós estades a recibir publicidade, chamadas e comentarios que proveñen de fabricantes de software relacionado co rexistro da xornada laboral.
A insistencia destes fabricantes en que empreguedes os seus programas informáticos para levar este rexistro está a xerarvos dúbidas respecto a se se pode facer en papel ou obrigatoriamente hai que utilizar unha aplicación informática. Co fin de respostar a esta dúbida e para que quede claro, na data de publicación desta noticia, non é obrigatorio que o rexistro laboral se realice usando tecnoloxías dixitais como aplicacións ou programas informáticos.
Dito isto non é menos certo que na actualidade estase a desenvolver un borrador no que, ademais da reducción da xornada de traballo, tamén se valora establecer requisitos adicionais no rexistro da xornada laboral, como o do uso de medios dixitais. En concreto no borrador se manifesta a seguinte modificación do artigo 34 que regula a xornada diaria:
“La empresa mantendrá un registro diario de jornada, realizado por medios digitales, que garantice el cumplimiento efectivo de los requisitos previstos en este artículo.”
O «BORRADOR DE ANTEPROYECTO DE LEY PARA LA REDUCCIÓN DE LA DURACIÓN MÁXIMA DE LA JORNADA ORDINARIA DE TRABAJO, EL REGISTRO DE JORNADA Y EL DERECHO A LA DESCONEXIÓN» publicado polo Ministerio de Traballo ven a responder ao que establece a Directiva (UE) 2019/1152 sobre as condicións de traballo e a Directiva (UE) 2019/1158 en materia de conciliación da vida familiar e laboral.
Conclusión
O Rexistro da xornada é obrigatorio para todas as empresas, pero na actualidade este pódese facer en papel, non sendo obligatorio, polo de agora, o uso de aplicacións informáticas para a súa realización.