A raíz da publicación do Real Decreto 1312/2024 o 23 de decembro, desenvólvese o procedemento de Rexistro Único de Arrendamentos e créase para este proceso a “Ventanilla Única Digital de Arrendamientos”.
Isto supón que todos aqueles aloxamentos que presten un servicio de aluguer de corta duración a cambio dunha remuneración, xa sexa de toda a vivenda ou de parte de esta, con carácter profesional ou non, están obrigadas a darse de alta no Rexistro Único de Arrendamentos a través da Ventanilla única dixital se queren publicitar estes servicios en plataformas en liña de aluguer (booking, Airbnb, …).
Esta ventanilla entrou en vigor o 2 de xaneiro do 2025 e da un período de adaptación ata o 1 de xullo do 2025 para que todos os implicados (propietarios de vivendas destinadas a alugueres temporais, rexistro da propiedade, plataformas, etc.) teñan tempo para cumprir coa normativa.
¿A quen afecta esta normativa?
Esta normativa afecta a:
- Vivenda de uso turístico: estas vivendas están suxeitas a unha regulación e autorización especificas das comunidades autónomas e dos concellos, motivo polo que previo ao rexistro necesitan ter a autorización destas comunidades ou concellos.
- Vivenda de uso temporal: son vivendas destinadas a aloxamento de persoas por un período limitado de tempo (ex.: estudantes, profesionais con traballos temporais,…). Nestes casos non se requirirá de ningunha autorización especial por parte dos concellos para poder facer o rexistro.
Esta norma non afecta a hoteis e aloxamentos similares, apartahoteis, moteles, albergues, campings, aparcamentos para caravanas e hostais.
¿Cómo obter o número de rexistro de aluguer?
Para solicitar o número de rexistro de aluguer os propietarios teñen que:
1. Se son VIVENDAS DE USO TURÍSTICO:
- Recompilar e preparar a seguinte documentación:
- Referencia catastral e a dirección exacta da vivenda.
- Detállase se se quere alugar a vivenda completa ou por habitacións.
- Número de persoas que poderán facer uso da vivenda.
- Cumprir cos requisitos establecidos na Comunidade Autónoma onde se atopa a vivenda. Enlace para información de requisitos rexistro da VUT en Galicia
- Facer a solicitude de forma presencial nas oficinas do rexistro da Propiedade, ou ben facer a presentación a través da sede electrónica do Colexio de Rexistradores, para o cal previamente se teñen que dar de alta no servicio de presentación telemática e contar co certificado dixital. Se se opta por facer a presentación telemática os pasos son:
- Cubrir un formulario na sede electrónica do CORPME (Colexio de Rexistradores) e unha vez cuberto descargar o pdf dese formulario cumprimentado. Enlace ao formulario.
- Proceder a facer a presentación dese pdf descargado xunto co resto da documentación enumerada no apartado a.
- Unha vez feito isto o Colexio de rexistradores entregará un número de rexistro inmediatamente, pero con carácter provisional, que pasará a ser definitivo no momento en que fagan a comprobación da documentación entregada e estea todo correcto.
2. Se son VIVENDA DE USO TEMPORAL:
- Recompilar e preparar a seguinte documentación:
- Referencia catastral e a dirección exacta da vivenda.
- Detállase se se quere alugar a vivenda completa ou por habitacións.
- Número de persoas que poderán facer uso da vivenda.
- Facer a solicitude de forma presencial nas oficinas do rexistro da Propiedade, ou ben facer a presentación a través da sede electrónica do Colexio de Rexistradores, para o cal previamente se teñen que dar de alta no servicio de presentación telemática e contar co certificado dixital. Se se opta por facer a presentación telemática os pasos son:
- Cubrir un formulario na sede electrónica do CORPME (Colexio de Rexistradores) e unha vez cuberto descargar o pdf dese formulario cumprimentado.
- Proceder a facer a presentación dese pdf descargado xunto co resto da documentación enumerada no apartado a.
- Unha vez feito isto o Colexio de rexistradores entregará un número de rexistro inmediatamente, pero con carácter provisional, que pasará a ser definitivo no momento en que fagan a comprobación da documentación entregada e estea todo correcto.
Unha vez obtido o número de rexistro o propietario tenllo que facilitar ás plataformas de aluguer onde teñan dada de alta a vivenda, xa que estas están obrigadas a poñelo para poder realizar a venta da vivenda a través das suas plataformas.
Enlaces de interese para obter máis información:
https://www.mivau.gob.es/vivienda/ventanilla-unica/alquiler-de-alojamientos-de-corta-duracion