¿Qué son as vivendas de uso turístico?

Son vivendas de uso turístico as cedidas a terceiras persoas, de forma reiterada e a cambio de contraprestación económica, para unha estadía de curta duración, amobladas e equipadas en condicións de inmediata dispoñibilidade. A cesión deste tipo de vivendas será da totalidade da vivenda, sen que se permita a cesión por estancias.

Para os efectos do anterior, enténdese por estadías de curta duración aquelas en que a cesión de uso é inferior a trinta días consecutivos (é dicir, 29 días como máximo), polo que quedan fora do ámbito de aplicación as que excedan esa duración. Considerarase cesión reiterada cando a vivenda se ceda dúas ou máis veces dentro do período dun ano.

vivendas-de-uso-turistico

 

Requisitos e servicios mínimos

  1. As vivendas de uso turístico deberán estar suficientemente amobladas e dotadas dos aparellos e enxoval necesarios para a súa utilización inmediata, co fin de prestar un servi­zo de aloxamento correcto en relación coa totalidade de prazas de que dispoñan, todo en perfecto estado de hixiene.

Poderá haber un inventario detallado do mobiliario, aparellos e complementos existen­tes que será presentado á clientela á súa chegada, que poderá verificalo. Así mesmo, poderá realizarse unha comprobación á saída da clientela.

  1. As vivendas deberán contar con:
    a) Calefacción en todas as dependencias de uso da clientela, a cal deberá funcionar sempre que a temperatura ambiente o requira.
    Non obstante, poderán prescindir do servizo de calefacción sempre que o seu período de funcionamento se limite aos meses comprendidos entre xuño e setembro, ambos os dous incluídos.
    b) Número de teléfono 24 horas para a atención ao/á usuario/a turístico/a e as inciden­cias que poidan xurdir.
    c) Servizo de asistencia e mantemento da vivenda.
    d) Rótulo informativo da dispoñibilidade das follas de reclamación de turismo, follas de reclamación de turismo e copia da declaración responsable de inicio de actividade onde conste o rexistro de entrada, que deberán exhibirse nun lugar visible e fácilmente accesible para as persoas usuarias.

As vivendas de uso turístico poderán dispoñer de normas de réxime interior.
As vivendas de uso turístico deberán cumprir a normativa vixente en materia de libros rexistro e partes de entrada de viaxeiros.

¿Qué debo facer para exercer a actividade?

  1. Para o inicio da actividade turística na modalidade de vivendas de uso turístico debe­rá presentarse unha declaración responsable de inicio de actividade empregando o modelo normalizado previsto no anexo V, subscrita polo propietario ou propietaria ou persoa física ou xurídica que o/a represente, ante a área provincial da Axencia Turismo de Galicia en que radique. Asimesmo, deberáse aboar unha tasa de 56,26 €.
  2. A declaración responsable conterá:
    a) Datos da vivenda e da súa capacidade máxima.
    b) Os datos da persoa propietaria.
    c) O número de teléfono para atender as incidencias da persoa usuaria turística.
    d) No suposto de que a vivenda non a comercialice a persoa propietaria, deben constar os datos da persoa ou empresa que a comercialice.
    e) A posesión da seguinte documentación:
    1º. Documento acreditativo da personalidade xurídica do/da solicitante.
    2º. Título ou contrato que probe a libre dispoñibilidade, por parte do/da titular da vivenda onde se exerce a actividade.
    (Escritura propiedade, escritura de compravenda, contrato de cesión de uso…etc)
    3º. Título suficiente para a comercialización da vivenda por parte da persoa ou empresa que a comercialice.
    4º. Licenza de primeira ocupación ou cédula de habitabilidade ou certificado final de obra expedido por persoal técnico competente en que se acredite que se               executaron as obras de conformidade coa licenza municipal outorgada, ou certificado municipal que acre­dite que a edificación reúne as condicións técnicas e urbanísticas para o seu destino a vivenda, ou informe do órgano municipal ou autonómico competente, acreditativo de que non se adoptaron medidas de restauración da legalidade urbanística ou ambiental.
    5º. Seguro de responsabilidade civil que cubra os riscos das persoas usuarias do es­tablecemento por danos corporais, danos materiais e os prexuízos                     económicos causados que deriven do desenvolvemento da súa actividade.

Documentación a disposición dos usuarios e xestión da vivenda

  • Lista de prezos onde se publiciten (tanto na web como na vivenda).
  • Documento de admisión do usuario turístico.
  • Documento información do teléfono de atención 24h do usuario turístico.
  • Documento informativo da dispoñibilidade das follas de reclamación de turismo.
  • Copia da declaración de alta da Vivenda de uso turístico.
  • Normas de réxime interior se proceden.
  • Libros rexistros e partes de entrada de viaxeiros.
  • Recibos de cobro do aluguer.

Máis información no noso departamento de tramitacións, chamando ao 986872070