Rexistro obrigatorio da xornada laboral
Nestes últimos anos, o control da realización de horas extraordinarias provocou a intervención da Inspección e Traballo, pero non estaba de todo claro se a empresa estaba ou non obrigada a levar un rexistro sobre a xornada diaria realizada por cada traballador.
Según unha sentencia en concreto a STS 23-3-2017, Rec. 81/16 conclúe que é o lexislador o que ten que establecer unha reforma lexislativa que clarificara se era ou non obligatorio a levanza por parte da empresa dun rexistro horario. Por todo esto no RD-Ley 8/2019 do 8 de marzo, de medidas urxentes de protección social e de loita contra a precariedade laboral na xornada de traballo, se publica que:
“A empresa garantizará o rexistro diario da xornada, e que este debe incluir o horario concreto de inicio e finalización da xornada de traballo de cada persoa traballadora…”
Mediante esta disposición O Goberno establece unha obriga as empresas de garantir o rexistro diario da xornada de traballo. Este rexistro debe incluir o horario de inicio e de finalización da xornada de traballo para cada traballador ,independentemente do tipo de contrato de traballo que teña.
O rexistro tense que manter en poder da empresa durante un periodo de 4 anos.
Entón como regla xeral, a partir do 12 de maio do 2019 , é obrigatorio que todas as empresas leven un rexistro da xornada diaria de traballo, neste horario debe incluir claramente o horario de inicio e de finalización da xornada de traballo de cada un dos traballadores.
A norma estabrece a obriga, pero non concreta como se ten que levar a cabo. Esto fai que sexa o empresario o que teña que elexir que sistema instaura para levar o rexistro da xornada de traballo.
SANCIÓN EN CASO DE INFRACCIÓN
A sanción en caso de que se incumpra a existencia dun rexistro da xornada por parte da empresa a sanción que pode poñer a administración consistirá nunha multa que vai dende os 626 € ata os 6250 €.
SOLUCIÓNS PARA REALIZAR O REXISTRO HORARIO DOS EMPREGADOS
- Solucións biométricas , a través de pegada dixital, recoñecemento facial, etc
- Solucións informáticas
- Folla de cálculo ou folla en papel e firma do traballador.
Se has chegado ata aquí, mereceste un premio, así que poñemos a túa disposición a folla de Excel que hemos creado para os nosos clientes. Descargar