Inspección de traballo pon en marcha un plan de choque contra o fraude na contratación temporal. Este plan de choque vaise centrar en inspeccionar os puntos que enumeramos a continuación buscando as irregularidades que poida haber.
Dotouse a este servicio de inspección co dobre de inspectores, o cal indica a importancia coa que se van a tomar as posibles irregularidades.
Puntos que van controlar
- CONTROL HORARIO: obrigatorio cubrir os controis que se envían coas nóminas diariamente, sendo obrigatorio agora para todos os tipos de contratos.
- SERVICIO DE PREVENCIÓN : é obrigatorio ter contratado o servicio de prevención sendo a sanción mínima por non telo de 3125,00.€
- R.E. HOGAR: actualizar SMI en vigor.
- HOTEIS: control especial das camareiras de piso que teñan contrato a tempo parcial.
- CONTROL ESPECIAL AOS CONTRATOS A TEMPO PARCIAL.
- ERTES: van a controlar especialmente o mantemento da plantilla prestando especial atención á duración do compromiso de contratación e que as persoas reincorporadas a tempo parcial realmente estén a tempo parcial coas horas informadas no ERTE e non traballando máis horas das declaradas nos ERTES. Se detectan algún tipo de fraude no tema ERTES a sanción parte de 10.000,00€ por traballador que incumpla.
Zonas nas que van a intensificar as inspeccións
- As zonas que teñen marcadas como puntos vermellos van a ser todas as zonas turísticas, destacando entre elas os seguintes Concellos: Sanxenxo, Poio e Baiona.