En este momento estás viendo Servizo de transporte en aloxamento turístico

Servizo de transporte en aloxamento turístico

Pode unha empresa que se dedica ao aloxamento turístico realizar transporte dos seus propios clientes?

A prestación de servicios de transporte en aloxamento turístico plantexa dúbidas aos empresarios do sector

Na asesoría varios clientes do sector de hostalería, sobre todo aqueles que teñen os seus aloxamentos en zonas rurais nos que non hai un bo servizo de transporte público, xórdenlles dúbidas respecto a se se pode ou non dar este servizo aos seus hóspedes. Despois de falar e consultar con diferentes persoas, entorno e incluso administracións sen obter unha resposta clara fixéronnos esta pregunta, motivo que nos levou a analizar a mesma e buscar unha resposta tendo en conta a lexislación vixente.

A resposta a esta pregunta e SI. Unha empresa que se dedica ao aloxamento turístico pode realizar transporte dos seus propios clientes, pero debe cumprir coas normativas establecidas para garantir que a actividade se leva a cabo de forma legal e segura.

A normativa que regula o servizo de transporte en aloxamento turístico é a que define os transportes privados complementarios. Falamos dun transporte privado complementario cando este tipo de transporte non é o obxecto principal da empresa, pero serve como complemento necesario ou adecuado para o correcto desenvolvemento da súa actividade principal, que neste caso sería o aloxamento turístico.

Normativa aplicable na que baseamos a nosa resposta

A Lei 16/1987, de 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres regula os transportes privados complementarios, definindo as condicións que se deben cumprir para que o transporte sexa legal.

En concreto o artigo 102 establece que:

  1. Transporte privado complementario:
      • Son aqueles realizados por empresas ou entidades cuxo obxecto principal non é o transporte, pero que realizan esta actividade como complemento para o desenvolvemento da súa actividade principal.
      • No caso dos aloxamentos turísticos, a actividade principal sería o aloxamento, e o transporte (como os traslados de hóspedes) sería un servizo complementario.

     

  2. Condicións para realizar transporte privado complementario:
    Para que o transporte se considere complementario, debe cumprir coas seguintes condicións:

    • Usuarios: O transporte debe realizarse para os traballadores da empresa ou persoas que asistan a estas, como os hóspedes do hotel ou aloxamento. Non pode ser un transporte aberto a clientes non vinculados á actividade principal.
    • Orixe ou destino: O transporte debe partir dun lugar relacionado coa actividade principal da empresa (neste caso, o aloxamento turístico), ou ben ter como destino o propio aloxamento turístico.
    • Vehículos: Os vehículos utilizados deben formar parte da organización da empresa, ben como propiedade, arrendamento financeiro ou arrendamento ordinario.
    • Condutores: Os condutores deben estar integrados na organización da empresa e cumprir coas habilitacións pertinentes.
    • O transporte non pode ser contratado ou facturado de forma independente. O custo do transporte debe estar incluído no prezo final do servizo principal (aloxamento) antes de aplicar o IVE.

     

  3. Exención de autorización previa:
    O artigo 103 establece que non será necesario obter unha autorización previa específica cando se trate de transporte de viaxeiros en vehículos de turismo, salvo que se trate de transporte sanitario. Isto significa que se a empresa de aloxamento realiza o transporte en vehículos de turismo (coches con menos de 9 prazas), non será necesario obter autorización específica para realizar esta actividade.

 

Conclusión

As empresas que se dedican ao aloxamento turístico poden ofrecer servizos de transporte para os seus clientes sen necesidade de obter unha autorización específica, sempre que cumpran as condicións establecidas para os transportes privados complementarios. Se se utiliza un vehículo de turismo (con capacidade inferior a 9 prazas), non será necesaria unha autorización adicional.

Este modelo permite que os aloxamentos turísticos ofrezan aos seus clientes un servizo cómodo e complementario ao tempo que se aseguran de cumprir as normativas de transporte e seguridade.

Se prestas servizo de transporte en hotelaría e tes dúbidas sobre como aplicar esta normativa ou sobre os requisitos específicos para a túa empresa,Consúltanos.

 

Fonte imaxe: Zarateman, CC0, via Wikimedia Commons